Recordo o teu corpo
asugulado no alcol

ollando tigres

cos artefactos do amor
ciscados pola alfombra

espreitando a luz que chegaba dos faros

un barco
unha cadea

e un falo aberto
a calquera
dor

                          [Estevo Creus Andrade, Areados, A Coruña 1996]

| entrada | Llibre del Tigre | sèrieAlfa | varia | Berliner Mauer |