rfer
[Claudio
Rodríguez Fer
(Lugo, 1956-)]
A xirafa múltiple |
||
Que os meus versos te apreixen verba a verba cal brazos que te abracen como tigres de ternura. [Tigres de ternura, en Vulva, Santiago, 1990]
As Ebúrneas Curvas Bañadas polas Ondas bican a Mannahatta Sortella, Fada da Caracola Entreaberta á Mareira e á Cascada, no lugar máis espiral da súa xerfa de nácara. . Ela era a irmá das oucas e dos fungos e dos fentos e dos musgos e dos liques e das colas dos esquíos e nas súas orellas podía escoitarse tranquilamente o mar. . A Mar Anainada Inquietamente escoita mareiras para se encher de vida e Igual que á Caracola Bicada pola Escuma substánciase na engrela do seu corpo de acuario. . Ela É A Que Non Ten Outro Nome Máis Alá De Si Mesma, O Mar, A Mar, A Vida Mesma, A Que Derrocha Esfarna Como Espiral A Escuma, A Que Escribe A Marea Co Seu Corpo De Aneis. . O primeiro coral foi unha Estrela Azul, o segundo unha Illa Compañeira dos Cervos, o terceiro a Boca Violeta Boreal e Venérea que Levita polo Cosmos Inmensamente Aberta. . Espiral é o seo de caracola branca, e o náutilos do lóbulo lila, e as oucas dos bucles empapados de plantas, espiral é a cuncha, e o pube de nácara, da boca univalva e labial. . Aneis en Sortella das Mareiras Castrexas enchen do necesario mar á Inmensa Cabeleira Prolongada no Bris, extrema europa, fermosa como unha vella. . Rotativas Hortensias que Recenden Entregues e Dividen o Peito son Esferas Rotundas que Harmonizan Palabras coas Camelias Sensuais. . O enigma que supoñen as mulleres e o tempo das amantes é a paz de quen se ama baixo a carpa dos astros: pracer e coñecer son sempre o mesmo. . O Alustre Mineral como o Estoupido do Átomo vólvese sen límites no corpo, no maxín e no tempo e a Trallazos Irrompe Eruptivo e Volcánico. . Pola que Mana Levemente Lava Rosa, pola que Vai e Ven suspensa no Vaivén, a felicidade é un don, como a beleza, que lles regala a vida. . E a que Morde a Lingua como o Crótalo sentiu os Brazos que Abrazan como Tigres de Tenrura. E ningunha pronunciou a primeira palabra. E ningunha pronunciou a primeira palabra.
[A unha muller descoñecida, Ferrol, 1997]
Ela viña reloucando cal FORMIGA con andares de donicela louca.
E construíra a súa tipi de cabalos e búfalos con Mans Feitas de Ala de Bolboreta Enferma. . Ela levaba ergueita a historia da súa tribo escrita en xeroglíficos nun mapa de pel que bicaba por Queens: - Vuvulú, Vuvulú. . Ela tiña cute de mapache, e frecos pendurando da cinta que lle arrodeaba a cabeza, e aro nun nariz de indíxena coidadosamente articulada pola lúa na era da lince e da cortiza puntana. . Dakota Racoon afalaba aos esquíos á hora do roibén.
E maxinaba inmensas fauces de león no estro das carumas. . Sempre tiña a impresión de que un tigre esvaraba por debaixo das súas pernas ludindo nas sofraxes propostas aborixes.
Sempre soñaba. . Estaba tan cansa do ronsel do crepúsculo envurullado nas pálpebras que quedaba durmida sentindo ruxir panteras que agora non comprendía. . Toda unha marabunta de felinos lambía o seu corpo espido, pero ela non comprendía e sentíase moi infeliz.
Abrían as súas fauces desmesuradamente, pero ela non comprendía e sentíase moi infeliz. . Lostregaban a noite cos seus rabos indómitos, pero ela non comprendía e sentíase moi infeliz.
Pouteaban coas bágoas no silencio do sono, pero ela non comprendía e sentíase moi infeliz. . Na entrada do máis futuro apartamento do seu corazón alguén disparou contra os campos de fresas para sempre. Contra os campos de fresas para sempre. . Só cando Abriu Os Ollos sorriu transpirando placidez e tenrura por primeira vez dende o Seu Sacrificio. . Porque sempre hai unha fiestra de gablete e unha escaleira contra incendios de ferro fundido onde entregarse ao rock. Para A Súa Paixón. . Funcionará mellor que a primavera. Si, funcionará mellor que a primavera na chaira aluvial. E volverán os búfalos.
[A unha muller descoñecida, Ferrol, 1997] Memorial dos foxos de Lugo
Teñen que se encher aínda as cunetas con sangue de mestres e de obreiros.
(Dun poema apócrifo atribuído a Luís Pimentel)
O poeta ergueuse unha mañáne non a viu. Saíu á rúa e non a viu. Fuxiu ao monte e non o viu. Volveu á casa e non a viu. E non tivo por onde camiñar que non fosen cunetas e cunetas.
Mirou o caderno dos poemas e non había ringleiras senón soamente cunetas.
Abriu os libros de poesía e non había verso ningún que non fose escrito entre cunetas.
"Por iso fun tantos homes como mulleres tiven": Cunetas. "Tantos monstros sós por sempre nosos": Cunetas. "Cal brazos que te abracen como tigres de tenrura": Cunetas. Cunetas. Cunetas.
Cada verso era a beira dun suco ao que tan só lle compría outro verso para converterse en cuneta. "Morderás esta lingua como o crótalo e son o amor o amante e mais o amado": Cunetas. "A túa boca violeta boreal e venérea": Cunetas. "O destino quizais tracexará no tempo unha historia de amor ocorrida en Lituania..." Cunetas. Cunetas. Cunetas.
Antes dos poemas de amor sen morte: Cunetas. Antes dos tigres de tenrura: Cunetas. Antes do celuloide en cinepoemas: Cunetas. Antes de todas as historias da lúa: Cunetas. Antes da túa boca violeta: Cunetas. Antes do son de Lugo Blues: Cunetas. Cunetas. Cunetas.
Porque onde estivo un corpo estivo a vida e onde estivo a vida están os versos para sempre convertidos en cunetas.
Acaso non se fixo a cuneta para a auga senón a auga para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para o home senón o home para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para a muller senón a muller para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para o silencio senón o silencio para a cuneta. Acaso non se fixo a cuneta para a morte senón a morte para a cuneta.
No lugar onde medran as silveiras e discorre a auga pola estrada houbo antes un suco de sangue inzando de nomes as cunetas: A cuneta Camilo Díaz Baliño segundo se vén de Santiago. A cuneta Juana Capdevielle segundo se vén dende A Coruña. A cuneta do paseado anónimo saíndo de Lugo a todas partes.
Así se fixo o Plan Nacional de Estradas de mil novecentos trinta e seis: Onde a silva medraba con máis arte, metralla. Onde o amor era libre polas curvas, metralla. Onde a verba se elevaba na rasante, metralla, metralla, metralla.
Deixando a vida polos sucos sementastes tramo a tramo toda gabia ata encher de esperanza cada foxo. Que queimen o meu corpo cando morra: que esparexen as cinzas por todas as cunetas: que volvamos á vida todos xuntos: aínda que sexa en verso compañeiros: que volva pacer a dignidade en Lugo. Que volva pacer a dignidade ao mundo. [A loita continúa, Vigo, 2004] Ricardiño Corazón de LeonciñoEn memoria do neno Ricardo de Gabriel Gómez, que vive nos seus amados pais Narciso e Fina
Porque a poesía se vivee non se escribe, el vive no que escribimos.
Porque a vida se vive e non se mide, el vive no que vivimos.
Porque no amor se vive máis alá de todo, de ríos como o Asma e como o Nilo, de montes tibetanos e galaicos, de mares atlánticos e índicos, de astros, estrelas e galaxias, da láctea constelación do Cisne e do baleiro do burato máis baleiro.
Porque o amor e máis o amado moran só no espazo máis infindo ata agora concibido en todo tempo: o noso latexante corazón afluído polo seu diminuto corazón de dinosauro enorme.
E no corazón sempre está el. El, o amigo das aguias e dos tigres, o gran compañeiro dos golfiños, capaz de cabalgar nunha formiga sostendo na súa man un elefante. El, o que era experto na vida doméstica e salvaxe, o único que pode dar forza para soportar a ausencia. El, o que enxendrou un guepardo alado no corazón de seus pais. El, Ricardiño, corazón de leonciño.
[Ámote vermella, Vigo, 2008]
[Tigres de ternura, en Vulva, Santiago, 1990]
Vermes atigrados
Vermes coma min
Vennes que se aman [Tigres de ternura, en Vulva, Santiago, 1990]
Entreaberta á
mareira e á cascada [Historia da Lúa, en Vulva, Santiago, 1990] Curso
de arte Vestido o leve van de blusa florentina Hai tanta fragancia de frambuesa Ti es unha cereixa gen oso que endureza [A boca violeta, en Vulva, Santiago, 1990] O amor é ao tempo o que o tigre és ao espacio BATAILLE
[A boca violeta, en Vulva, Santiago, 1990]
A
xirafa múltiple [Cebra, en Vulva, Santiago, 1990] |
| entrada | Llibre del Tigre | sèrieAlfa | varia | Berliner Mauer |