Gacelas

Fala sen descanso
e colapsa o auricular.
A súa conversa -en esbruízo, compulsiva,
incluso,
un bloblobló en capas envolventes
de ruído e asma-

é unha demostración ó mundo
de que ten alguén con quen falar,
como se o mundo fose un tigre
e atacase as gacelas soas.

 

[Antón Lopo, Fálame, Sociedad de Cultura Valle-Inclán, Ferrol, 2003]

| entrada | Llibre del Tigre | sèrieAlfa | varia | Berliner Mauer |